A UDC con Recetas Urbanas

A UDC con Recetas Urbanas

A UDC con Recetas Urbanas 1024 683 Facultade de Socioloxía - UDC

A Facultade de Socioloxía, a Fundación Luis Seoane e o Concello da Coruña estamos a promocionar a instalación dunha “Aula Libre” para a realización de actividades culturais, especialmente aquelas que sexan iniciativa do estudantado. Esa “aula” que terá forma de cabana foi deseñada polo arquitecto Santiago Cirugeda e forma parte do proxecto “Recetas Urbanas”. Será colocada no edificio LERD do Campus de Elviña. O seu obxectivo é crear conciencia sobre o papel activo que ten a cidadanía para intervir e alterar calquera contorna urbana dada, alentando as discusións sobre o uso e a propiedade do espazo público. O material de construcción é reciclado, de segunda man e reutilizado.

 O interesante deste proceso é que a “Aula” será construída de maneira colectiva pola comunidade universitaria (estudantes, docentes, persoal de xestión e servizos…), S. Cirugeda e o seu equipo técnico (composto por arquitectos/as e enxeñeiros/as). Por iso, enviamos esta chamada a voluntarios/as que queiran implicarse nesta experiencia de empoderamento da cidadanía a través da auto-construción . A instalación terá lugar durante o período 27 de maio e 5 de xuño.

Se queres formar parte de este proceso só tes que cubrir este formulario.