inicio_head
Facultade de Socioloxía
_0002_s2
_0001_s3
previous arrow
next arrow

A Facultade de Socioloxía abre as súas portas en A Coruña no ano 1990 para a impartición da Licenciatura de Socioloxía que, posteriormente, adaptouse según os requisitos do Espacio Europeo de Educación Superior, no Grao de Socioloxía. Neste Centro Académico estanse a impartir tres titulacións de Mestrados Oficiais que poden interpretarse como itinerarios de especialización da disciplina sociolóxica: ‘Máster Universitario Oficial de Políticas Sociais: Xénero, Migracións e Envellecemento’, o ‘Máster Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos’ e o ‘Máster en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social ’. A Facultade de Socioloxía tamén é a Sede do Programa de Doutoramento en Ciencias Sociais e do Comportamento.

FUTUROS ESTUDANTES

EXAMES GRAO SOCIOLOXÍA

HORARIOS GRAO SOCIOLOXÍA

BIBLIOTECA

PRÁCTICAS PROFESIONAIS

MESTRADOS

Green Campus

O Programa Green Campus ocupase da implementación dos procedementos de xestión ecolóxica nas universidades. Desde o ano 2018 a Facultade de Socioloxía participa no programa a través de iniciativas centradas na promoción da responsabilidade social como parte da sustentabilidade. Estase a traballar especialmente en fomentar valores colaborativos que potencien unha educación para o desenvolvemento e promover ámbitos de transferencia da aprendizaxe nas aulas cara ao exterior.

NOTICIAS

Comments Box SVG iconsUsed for the like, share, comment, and reaction icons

VIAXE DE ESTUDOS

Estupenda a viaxe de onte co alumnado de 1º do grao en socioloxía!

Moitas gracias ás participantes e ás entidades que nos recibiron!

Socioloxía máis alá das aulas ☺️

Agardámosvos na seguinte!
... Ver másVer menos

VIAXE DE ESTUDOS (alumnado de 1º)

Mañán, 20 de outubro, viaxaremos a Santiago de Compostela para visitar varios organismos e institucións que dan forma á Galicia de hoxe.

Para o alumnado de 1º e xa inscrito na actividade, lembrarvos que cómpre estar ás 08,45h na porta de abaixo da facultade.

O autobús sairá puntual, ás 09h.

Ata mañá! ☺️

Universidade da Coruñ
... Ver másVer menos

VIAXE DE ESTUDOS (alumnado de 1º)  Mañán, 20 de outubro, viaxaremos a Santiago de Compostela para visitar varios organismos e institucións que dan forma á Galicia de hoxe.  Para o alumnado de 1º e xa inscrito na actividade, lembrarvos que cómpre estar ás 08,45h na porta de abaixo da facultade.  O autobús sairá puntual, ás 09h.  Ata mañá! ☺️  Universidade da Coruña

A Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade co apoio da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, organiza a II Feira de Emprendemento e Emprego 2026 - IIMPULSA-T que se celebrará este xoves 22 de outubro de 2026 en horario de 10:00 a 18:00 h no Pavillón de Deportes - Campus de Elviña. ... Ver másVer menos

A  Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade co apoio da Consellaría de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, organiza a II Feira de Emprendemento e Emprego 2026 - IIMPULSA-T que se celebrará este xoves 22 de outubro de 2026 en horario de 10:00 a 18:00 h no Pavillón de Deportes - Campus de Elviña.

ATENCIÓN
a este Obradoiro de Investigación Creación Aplicada!

Marcádeo nas vosas axendas e achegádevos 😉

Luns 26 de outubro
Aula 1.4
13-14h.
... Ver másVer menos

ATENCIÓN 
a este Obradoiro de Investigación Creación Aplicada!  Marcádeo nas vosas axendas e achegádevos 😉  Luns 26 de outubro
Aula 1.4
13-14h.

Novo Seminario na Facultade!

O seminario internacional "Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais: novos enfoques feministas para os estudos das migracións internacionais" ten como obxectivo promover un espazo de debate académico e reflexión crítica en torno ás relacións entre xénero, migracións, coidados e desigualdades globais.

O seminario reunirá investigadoras e especialistas de universidades de 8 países (Estados Unidos, México, Brasil, Arxentina, Cabo Verde, Francia, Portugal e Alemaña), e as relatoras caracterízanse pola súa achega multidisciplinar dentro do campo das ciencias sociais —a socioloxía, a antropoloxía, a ciencia política, os estudos de xénero e a xeografía—. Ademais, contará coa participación de activistas polos dereitos das persoas migrantes, profesionais do terceiro sector e administracións públicas que loitaron, analizaron, lexislaron e traballaron para mellorar e ampliar os dereitos das traballadoras do emprego do fogar en España.

As inscricións para o seminario están abertas e podedes anotarvos a través do enlace que deixamos en comentarios 😉
... Ver másVer menos

Novo Seminario na Facultade!  O seminario internacional Mobilidades, reprodución social e desigualdades globais: novos enfoques feministas para os estudos das migracións internacionais ten como obxectivo promover un espazo de debate académico e reflexión crítica en torno ás relacións entre xénero, migracións, coidados e desigualdades globais.  O seminario reunirá investigadoras e especialistas de universidades de 8 países (Estados Unidos, México, Brasil, Arxentina, Cabo Verde, Francia, Portugal e Alemaña), e as relatoras caracterízanse pola súa achega multidisciplinar dentro do campo das ciencias sociais —a socioloxía, a antropoloxía, a ciencia política, os estudos de xénero e a xeografía—. Ademais, contará coa participación de activistas polos dereitos das persoas migrantes, profesionais do terceiro sector e administracións públicas que loitaron, analizaron, lexislaron e traballaron para mellorar e ampliar os dereitos das traballadoras do emprego do fogar en España.  As inscricións para o seminario están abertas e podedes anotarvos a través do enlace que deixamos en comentarios 😉
Leer más