Plan de Estudos

Horarios e Exames

Traballos de Fin de Grao

Prácticas profesionais

Relacións internacionais

Impresos

Convalidacións

PAT

Traballo de Fin de Grao (TFG) é unha materia obrigatoria do Plan de Estudos do Grao en Socioloxía da UDC que conta cun total de 12 ECTS e consiste na realización por parte do alumnado dun proxecto ou estudo, no que aplique e desenvolva os coñecementos adquiridos no Grao de Socioloxía. O TFG ten por obxectivos integrar os coñecementos teóricos e metodolóxicos asimilados nun único traballo, facilitar o desenvolvemento das habilidades críticas, analíticas e creativas do alumnado e demostrar que poden desenvolverse como profesionais no mercado de traballo.

ACTUALIDADE

Os traballos  “Análise dos procesos de peonización: percepción vecinal e xentrificación na cidade vella de A Coruña” da alumna Noelia Mesa Llendezorros e “Unha realidade invisible: Situación laboral do colectivo transexual da provincia da Coruña“ da alumna Beatriz Muñiz Puente reciben a distinción aos mellores TFGs do curso 2018-19