Plan de Estudos
Horarios e Exames
Traballos de Fin de Grao
Prácticas profesionais
Relacións internacionais
Impresos
Convalidacións
PAT
Na Facultade de Socioloxía consideramos que a internacionalización das universidades supón un valor engadido para o noso alumnado que ten que chegar, se é posible, durante a súa traxectoria académica. A experiencia internacional mellora a empregabilidade do alumnado graduado, á vez que mellora as súas competencias transversais; precisamente as máis valoradas polos empregadores/as e os expertos/as en formación. É por iso que dende o Centro fomentamos os programas de intercambio a través do Programa Erasmus+ na súas tres vertentes:
1. Estudar algunhas materias en universidades coas que temos convenio, itinerario que pode realizarse a partir de terceiro curso.
2. Sistema de Voluntariado Europeo Erasmus+ que xestiona directamente a Fundación Paideia, pode realizarse durante calquera ano dous estudos de grao.
3. Programa de Practicum Internacional Erasmus+ que consiste en prácticas curriculares no cuarto ano, organizado pola Oficina de Relacións Internacionais da UDC, pero tamén o apoiamos dende a Dirección da Facultade.
A nosa experiencia co programa Erasmus é ampla e crece cada ano. As cifras de estudantes que contan cunha experiencia internacional é cada vez maior, tamén crece o número de estudantes internacionais que nos visitan, facendo da nosa Facultade un lugar máis diverso e máis rico culturalmente.
Na ligazón podes atopar información actualizada dos países e universidades cos que a nosa Facultade mantén convenios de intercambio.
As persoas de contacto de apoio á mobilidade internacional son:
Matilde Massó Lago
Titora Erasmus+
Extensión: 4834
m.masso@udc.es
Begoña Crespo García
Directora da Oficina de Relacións Internacionais/coordinadora institucional Erasmus
Extensión: 1973
erasmus@udc.gal
Cristina Rodríguez
Fundación Paideia, Praza María Pita, 17
sve@paideia.es – Tlfo: 981 226 777
www.paideia.es
ACTUALIDADE
Listaxe definitivo de candidatos primeiro prazo convocatoria Erasmus-Bilateral 2021-22
Listaxe provisional de candidatos primeiro prazo convocatoria Erasmus-Bilateral 2021-22
Listaxe definitivo do 4º prazo de mobilidade da Facultade de Socioloxía
Listaxe provisoria do 4º prazo de mobilidade da Facultade de Socioloxía
Listaxes definitivas de adxudicación de prazas de mobilidad Erasmus+ 3º período
3º Prazo adxudicación provisional mobilidad 2020-21
2º Prazo adxudicación definitiva mobilidade 2020-21
2º Prazo adxudicación provisional mobilidade 2020-21