Green Campus

O Programa Green Campus comeza na Universidade da Coruña no ano 2014 mediante un convenio asinado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) que se ocupa da implementación dos procedementos de xestión ecolóxica nas institucións universitarias. O obxectivo final é a consecución da bandeira verde que simboliza o cumprimento dunha serie de criterios de sostibilidade. Desde o ano 2018, a Facultade de Socioloxía participa neste programa a través de diversas iniciativas que se agrupan no Plan de acción aprobado o 21 de maio de 2019 e que se realiza conxuntamente coa Facultade de CC. da Comunicación por compartirmos o mesmo edificio.

O obxectivo principal do Green Campus de Socioloxía centrouse na promoción da responsabilidade social como parte da sustentabilidade e creouse a partir dun modelo participativo entre a dirección do centro e o seu propio alumnado. Por iso, estase a traballar especialmente en dous aspectos: 1) fomentar valores colaborativos que potencien unha educación para o desenvolvemento; 2) promover ámbitos de transferencia da aprendizaxe nas aulas cara ao exterior. Ambos os fundamentos implican unha involucración activa entre o decanato, o profesorado, o persoal de administración e servizos e a posta en marcha de compromisos coa Administración pública local e outras entidades de valor social. É así como priorizando estender as dinámicas do Green Campus cara a prácticas reais de transformación social se seguen os obxectivos de desenvolvemento sostible marcados pola ONU.

Plan de acción

Informe de ecoeficiencia

Pegada ecolóxica

ACTIVIDADES GREEN CAMPUS