Espazos e servizos

Dirección do Centro

Persoal Docente e Investigador

Persoal de Administración e Servizos

Espazos e servizos

Os estudos universitarios convértense nunha etapa inesquecible na traxectoria vital. E non só polos coñecementos aprendidos! No Campus é habitual que se desenvolvan amizades para sempre e, ademais, o alumnado da nosa Facultade ten unha importante implicación persoal tanto coa Titulación como con actividades políticas, culturais e artísticas que desenvolven durante a súa estancia no Centro. Para albergar toda esta vida contamos coas seguintes instalacións: Biblioteca, Salón de Actos, Salón de Graos, Aulas Informáticas, Sala de Gravación, Zona Verde, Seminarios.

Biblioteca

Unha Biblioteca que se considera unha das máis dinámicas da UDC tanto en canto ao número de publicacións que inclúe no seu catálogo como polo número de usuarios que acoden cada día.

Aulas de Informática

Equipadas no ano 2018 e que inclúen 30 computadores cada unha delas.

Salón de Actos

Un Salón de Actos onde se celebran as múltiples actividades académicas e de investigación promocionadas polos Grupos de Investigación da Facultade.

Ademais das actividades curriculares, estes espazos están a disposición de toda a comunidade universitaria da Facultade de Socioloxía.

Se eres persoal do centro, podes facer as túas reservas a través da intranet da web da UDC.

Manual de reserva de espazos

O alumnado da Facultade de Socioloxía ou as persoas alleas ao centro que desexen facer uso destes espazos, deberá enviar a solicitude á Secretaria do Decanato, vía correo electrónico secretaria.decanato.socioloxia@udc.es, co asunto “Solicitude de Espazos”, o corpo do email debe conter:

  • O tema ou título  da actividade a desenvolver
  • Resumo do programa da actividade, xustificando a súa vinculación coa Socioloxía.
  • Datas, hora de realización
  • Recursos ou equipamento necesarios
  • Persoa responsable da actividade: debe ser un alumno/a ou grupo de alumnos  da Facultade de Socioloxía.
  • Valórase que se conte co apoio do profesorado da Facultade de Socioloxía, nese caso deberá facer constar o nome ou nomes.
  • Debe indicarse a entidade/ asociación de estudantes que o organiza, de ser o caso.

Unha vez revisada a solicitude dende o decanato, enviarase resposta ao correo electrónico da persoa solicitante.