A decana de Socioloxía constata avances nesta facultade na reunión do reitor e do seu equipo neste centro.

A decana de Socioloxía constata avances nesta facultade na reunión do reitor e do seu equipo neste centro.

A decana de Socioloxía constata avances nesta facultade na reunión do reitor e do seu equipo neste centro. 1280 960 Facultade de Socioloxía - UDC

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, reuniuse o pasado 18 de febreiro coa comunidade universitaria –profesorado, persoal de administración e servizos e estudantado- da Facultade de Socioloxía, xunto coa vicerreitora de Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, a vicerreitora de Internacionalización e Cooperación, Pilar García de la Torre, e o vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya.

A decana de Socioloxía, Raquel Martínez, quixo poñer en antecedentes ao equipo de goberno de Abalde sobre algúns dos proxectos que a facultade está a realizar en sintonía cos campus de especialización, tanto co de Sustentabilidade como no de Innova, así como no programa da UDC Green Campus para fomentar a calidade de vida do persoal e do alumnado, neste sentido avanzou un cambio nas máquinas de vending que contarán con produtos saudables, así como a incorporación na UDC dunha dietista que faga máis sanos os menús dos comedores, cun 60% de comida saudable. A decana avanzou tamén outras medidas de mellora da facultade como a reformulación do plan de acción titorial coa implicación do alumnado, así como do Traballo Fin de Grao no que introduciron un Premio Extraordinario. Martínez adiantou un plan de fomento das prácticas en empresas estranxeiras para o que están xa establecendo os contactos oportunos. O reitor felicitou ao equipo decanal e a toda a facultade por estas iniciativas.