Noticias

A Universidade da Coruña incorpora a Boaventura de Sousa Santos ao seu Claustro de Honra

A Universidade da Coruña incorpora a Boaventura de Sousa Santos ao seu Claustro de Honra 1157 810 Facultade de Socioloxía - UDC

O mércores, 19 de setembro tivo lugar o acto de investidura como doctor Honoris Causa pola Universidade da Coruña do catedrático Boaventura de Sousa Santos.

 Boaventura de Sousa Santos é Catedrático xubilado da Facultade de Economía da Universidade de Coimbra, Distinguished Legal Scholar da Facultade de Dereito da Universidade de Wisconsin-Madison e Global Legal Scholar da Universidade de Warwick. É igualmente director do Centro de Estudos Sociais da Universidade de Coimbra e Coordinador Científico do Observatorio Permanente da Xustiza Portuguesa. Ademais é coordinador científico dos Programas de Doutoramento: Human Rights in Contemporary Societies; Democracia no século XXI e Post- Colonialismos e Cidadanía Global. Foi tamén cofundador do programa de doutoramento de Dereito, Xustiza e Cidadanía no Século XXI. Ten traballos publicados sobre a globalización, socioloxía do dereito, epistemoloxía, democracia e dereitos humanos. Os seus traballos encóntranse traducidos ao español, ao inglés, ao italiano, ao francés, ao alemán e ao chinés.

Obradoiro Naturezas Híbridas

Obradoiro Naturezas Híbridas 1649 1169 Facultade de Socioloxía - UDC

A actividade “Obradoiro de Naturezas Híbridas”, celebrado o pasado mes de outubro co alumnado da Facultad de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación, tivo como obxectivo fundamental explorar formas de aprendizaxe activo que permitisen abordar e comprender problemas complexos por parte do noso alumnado. O obradoiro estivo centrado nas “naturezas urbanas” da cidade da Coruña. Mediante unha aproximación interdisciplinar entre as Ciencias Sociais, as Ciencias Medioambientais e as Ciencias da Comunicación, perseguíase que o alumnado se enfrentara a dificultade de comprender e analizar a relación entre a natureza, sociedade e cidade. Organizamos unha xornada de debate-saída-debate que tivo como destino uns dos espazos híbridos emblemáticos da ciudade da Coruña: O Monte de San Pedro e o Parque de Bens.

A Coruña coidadora

A Coruña coidadora 1276 1789 Facultade de Socioloxía - UDC

A Facultade de Socioloxía e a Concellería de Xustiza Social e Coidados organizaron a  a primeira edición das xornadas A Coruña coidadora. Novas formas de atención entre o público e o común, celebradas os días 22 e 23 de novembro, unha iniciativa aberta a toda a cidadanía que pretende abordar os retos, posibilidades e oportunidades que se enmarcan no ámbito dos coidados e da dependencia e que se presentan tanto desde a perspectiva institucional como o privado e comunitario.