Qué é

A Comisión de Calidade é unha figura creada en cada un dos Centros da Universidade da Coruña para coordinar e dinamizar a política de calidade dos mesmos. No caso da Facultade de Socioloxía, a dita comisión ten aprobado un Regulamento, no que se definen as súas competencias e a súa composición. En xeral, funciona tanto como Comisión Delegada da Xunta de Centro, como de apoio ao Equipo Decanal, para todos aqueles asuntos que redunden nunha mellora do traballo realizado no Centro e polo membros.