Qué é

 

A Comisión de Calidade é unha figura creada en cada un dos Centros da Universidade da Coruña para coordinar e dinamizar a política de calidade destes. No caso da Facultade de Socioloxía, a dita comisión ten aprobado un Regulamento, no que se definen as súas competencias e a súa composición. En xeral, funciona tanto como delegada da Xunta de Centro, como de apoio ao Equipo Decanal, para aquelles asuntos que redunden na mellora do traballo realizado no Centro.