Plan de Acción Titorial

pat

 

O Plan de Acción Titorial (PAT) da Facultade de Socioloxía está pensado como un programa para promover o intercambio de información e as relacións informais entre o alumnado e o profesorado en torno ao desenvolvemento das nosas capacidades académicas e profesionais. Así, todo o alumnado conta cun profesor ou profesora de referencia, desde o seu ingreso ata a súa graduación, co que podrá aclarar dúbidas sobre o funcionamento da universidade e sobre a carreira de Socioloxía. Pero ademais, desde a coordinación do PAT, búscase recoller as inquedanzas e as preguntas máis frecuentes e inmediatas que ten o noso alumnado --para darlles respostas rápidas e directas-- e identificar as necesidades formativas máis importantes para complementar os contidos das materias do plan de estudos.

 

Sobre que temas se che podería informar mellor?
• Dereitos e deberes dos/as estudantes da UDC.
• Manexo de Moodel.
• Dudas sobre o plan de estudos, adaptacións e convalidacións.
• Dificultades nos estudos e organización do tempo.
• Planificación do itinerario académico.
• Saídas profesionais da titulación.
• Mobilidade internacional.
• Donde e en que facer as prácticas da carreira.
• E moitos, moitos outros temas…

Manuel García Docampo (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.) é o coordinador do PAT de Socioloxía durante o curso 2016/17.

Consultar o PAT