Mestrado Universitario en Socioloxía Aplicada: Investigación Social e de Mercados

MESTRADO UNIVERSITARIO EN SOCIOLOXÍA APLICADA: INVESTIGACIÓN SOCIAL E DE MERCADOS

Desde a súa constitución como disciplina diferenciada no ámbito das ciencias sociais, a Socioloxía tivo unha natureza aplicada dirixida a orientar a toma de decisións en empresas, administracións públicas e organismos do terceiro sector. Todas estas entidades demandan analistas e expertos en obtención e xestión de información social que les permitan entender o comportamento dos individuos en distintos ámbitos, desde o económico ata o político, desde o social ata o cultural. A razón é que esta información é crucial para elas porque:

  1. As empresas necesitan coñecer as novas pautas de comportamento social e, por conseguinte, novas posibilidades de negocio e de mercado. A Investigación de Mercados convírtese nun activo da empresa que evita gastos e riscos ao sinalar os potenciais de mercados e ventas. É o aporte de coñecemento que aumenta as ventas, contribúe á productividade e á mellora de resultados.
  2. As administracións e os xestores públicos están obrigados a comprender as demandas sociais, xa que da súa resposta axeitada depende a estabilidade e a confianza dos ciudadanos nas institucións.
  3. As entidades do terceiro sector (asociacións e fundacións) requiren, pola súa parte, especialistas en localizar espazos propios para desenvolver neles a solidaridade organizada nun contexto no que a escaseza de medios económicos incrementa exponencialmente  o seu valor.

 

 

CALENDARIO ACADÉMICO CURSO 2016/2017: 1º cuadrimestre 2º cuadrimestre / 3º cuadrimestre


Exámenes 2016-17

O MESTRADO EN DETALLE

 CONTACTO: José Antonio López Rey ext. 4821 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

PLAN DE ESTUDOS DO SAISM:MÓDULOS, MATERIAS; ECTS E CUADRIMESTRE

DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DO SAISM (MATERIAS POR CUADRIMESTRE)

¿POR QUÉ ESTUDAR SAISM?

MISIÓN  OBXECTIVOS DO SAISM

QUE SE APRENDE

SAÍDAS PROFESIONAIS E ACADÉMICAS

PLANIFICACIÓN DA ENSINANZA

PROFESORADO

DESTINATARIOS E PERFIL DE INGRESO RECOMENDADO

SISTEMA DE ADMISIÓN E CRITERIOS DE VALORACIÓN DE MÉRITOS

¿POR QUÉ ESTUDAR SAISM?

O SAISM é o único título de posgrao no Sistema Universitario Galego que ofrece especialización en investigación de mercados e análies social avanzado, incluíndo a análise do consumidor. O SAISM ofrece unha formación integral para a investigación, xa sexa esta de carácter cualitativo ou cuantitativo, a partir de datos obtenidos mediante técnicas interactivas cos individuos (enquisas, grupos, etc); a través de fontes secundarias de enquisas e censos; ou mediante a minería de datos ou big data, cada vez máis empregadas e demandadas polas empresas a partir do crecente uso das TIC.

MISIÓN E OBXECTIVOS DO SAISM

As empresas e entidades, tanto públicas como privadas e do Terceiro Sector, necesitan ter profesionais que sepan analizar o mercado e aa demanda do consumidor, así como coñecer as demandas sociais no sentido máis amplo. Pódese decir que, ademais de persoas que van a traballar como asalariados en cualquera tipo de empresa e actividade, estes estudos forman futuros empresarios e investigadores. Polo tanto, a misión deste Mestrado defínese como:

O compromiso na formación especializada tanto a nivel académico como investigador-profesional no ámbito dos estudos sociais e de mercado, de forma que se dé resposta á necesidade social de especialistas universitarios cunha sólida formación para a investigación que facilite a toma de decisións.

O obxectivo xenérico é conseguir que o estudantado aprenda a desenvolver as súas funcións en empresas específicas de investigación de mercados (como institutos de investigación de mercados, axencias de publicidade, axencias de medios e consultoras, empresas de distribución, etc.), ou nos departamentos de investigación, marketing e comunicación de calquera institución pública e privada, xa sexa esta con ou sen ánimo de lucro. Traballarán en todo tipo de sectores, sendo os responsables de estudos de opinión pública, estudos de necesidades, investigacións de mercado e sondaxes de opinión.

A misión e o obxectivo xenérico concrétanse nos seguintes obxectivos específicos:

  • Formar especialistas competentes capaces de colaborar na toma de decisións de marketing tanto en empresas (fabricantes, comercializadores, distribuidores, anunciantes, institutos de investigación de mercados e axencias de publicidade, entre outras) como na Administración Pública e en organizacións sen ánimo de lucro.
  • Formar profesionais expertos capaces de desenvolver investigación rigorosa e relevante no contexto nacional e internacional.
  • Dotar ás persoas  tituladas deste Mestrado das competencias e habilidades sociais tanto para o traballo individual como en equipo.
  • Facilitar a súa inserción laboral cunha axeitada comprensión do seu rol e a súa relación con outros profesionais non expertos en investigación social e de mercados.

QUÉ SE APRENDE

O sector da Investigación de Mercados constata que aumenta a investigación realizada a partir da recollida electrónica de datos on line e  increméntase tamén a investigación contratada a empresas que contan con persoal cualificado para realizar este tipo de análise. Isto conforma un novo tipo de profesional da investigación social e de mercados, que debe manter unha formación sólida naqueles aspectos que podemos denominar tradicionais (deseño de investigación, muestreo, técnicas de enquisas, análises estatísticas descriptivas e explicativas, técnicas cualitativas, etc.) como naqueles outros que apareceron con forza no comportamento social (novas tecnoloxías, Internet, redes sociais) e no novo tipo de información dispoñible (big data). Esta formación integral é a que o capacita tanto para desenvolver análises complexas de data mining como para plantexar deseños de investigación cualitativos.

Competencias específicas

CE1 - Dominar nun nivel de posgrao os coñecementos, as ferramentas e os procedementos da investigación social e de mercados aplicándoos á solución de problemas e necesidades

CE2 - Aplicar os procesos e protocolos de captación de información necesarios para observar e analizar de forma correcta e propia dun nivel avanzado o comportamiento dos usuarios ou consumidores

CE3 - Ser capaz de deseñar un proceso de investigación de carácter empírico demostrando dominio no uso de técnicas de investigación cuantitativa e/ou cualitativa

CE4 - Ser capaz de discriminar a técnica de investigación adecuada ao problema plantexado

CE5 - Ter capacidade para identificar, nun nivel de posgrao, a relevancia dos distintos factores relacionados cos entornos sociais, os mercados e os consumidores que deben ser tidos en conta na investigación

CE6 - Análise crítica das sociedades de consumo actuais que permita coñecer a estructuración e o significado social do consumo

CE7 - Ser capaz de xustificar unha adecuada segmentación e selección do público objectivo

CE8 - Ter capacidade para traballar críticamente con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas propias da investigación social e de mercados

CE9 - Ter capacidade para integrar e aplicar as novas tendencias en investigación social e de mercados de modo rendible e efectivo na empresa, as administracións ou outras organizacións

CE10 - Ser capaz de redactar, presentar e defender documentos e informes de investigación social e de mercados

CE11 - Coñecer, nun nivel de avanzado, os mercados e os consumidores, apreciando a diversidade dos seus enfoques

SAÍDAS PROFESIONAIS E ACADÉMICAS

Profesionais: As empresas e entidades, tanto públicas como privadas e do Terceiro Sector, necesitan ter profesionais que sepan analizar o mercado e a demanda do consumidor, así como coñecer as demandas sociais nun sentido máis amplo. Pódese decir que, ademais de persoas que van a traballar como asalariados en cualquera tipo de empresa e actividade, estes estudos forman futuros empresarios e investigadores.

Académicas: Un mestrado como o SAISM permite a posibilidade de establecer sinerxias importantes coas escolas de doutoramento das tres universidades galegas. Ao ofrecer unha formación técnica de calidade no nivel de posgrao en investigación cuantitativa e cualitativa, os doutorandos inscritos en cualquera das escolas de doutoramento poden adquirir as competencias que as respectivas comisións dos programas de doutoramento determinen pertinentes para cada caso. Ademais, ao contar cun Traballo de Fin de Mestrado  de 12 ECTS, o SAISM capacita para matricularse en estudos de doutoramento.

PLANIFICACIÓN DA ENSINANZA

O SAISM organizouse en materias (que constitúen unidades coherentes desde o punto de vista disciplinar e de oferta curricular), desenvolvidas por asignaturas concretas e agrupadas en módulos (que recollen o carácter obrigatorio ou optativo dos créditos e a súa distribución temporal ao longo dos tres cuadrimestres nos que se imparte o Mestrado).

Para a obtención do título de Mestrado o alumno debe superar en total 90 créditos.

Plan de estudos do SAISM: Módulos, materias e asignaturas, ECTS e cuadrimestre

 

Distribución temporal do SAISM (asignaturas por cuadrimestre)

PROFESORADO

O SAISM  configúrase baixo unha estrutura cunha forte compoñente de formación interdisciplinar, reflexo fiel do que ocurre no mercado de traballo e que xera unha necesidade formativa no alumnado que accede a estes estudos.

Departamento PDI que achega
Análise Económica e Administración de Empresas Blázquez Lozano, Félix; Juanatey Boga, Oscar; Martínez Fernández, Valentín Alejandro; Novo Cortí, Isabel; Ramos Pedreira, Antonio; Rodríguez Fernández, Mª Magdalena; Rodríguez Vázquez, Clide
Computación Rodríguez Luaces, Miguel
Economía Aplicada I Castellanos García, Pablo; Pena López, Atilano; Sánchez Santos, José Manuel
Humanidades Díaz González, María Jesús; Quintas Froufe, Natalia
Mediciña Rivadulla Fernández, Casto
Socioloxía, Ciencia Política e da Administración Andrade Suárez, María José; Cardesín Díaz, José María; Fernández Suárez, Belén; García Docampo, Manuel; Lamela Viera, Carmen; López de Lera, Diego; López Rey, José Antonio; Martínez Buján, Raquel; Massó Lago, Matilde; Míguez González, Santiago; Muñoz Goy, Celia; Oso Casa, Laura; Otero Enríquez, Raimundo; Pérez Caramés, Antía; Rodríguez Rodríguez, Carmela; Rodríguez Teijeiro, Ariadna; Taboadela Álvarez, Obdulia

Este carácter híbrido ten a súa correspondencia na variedade e heteroxeneidade dos grupos de investigación que teñen docencia no Mestrado. O Grupo de Investigación en Organizacións Sociais, Institucións e Mercados (OSIM), especializado na socioloxía económica, é un grupo transdisciplinar que achega sete membros (todo o seu equipo investigador) ao mestradp. Ademais de OSIM, son tres os grupos de investigación que garantizan a formación en investigación social da mellor calidade cunha contribución de seis docentes cada un: o Equipo de Socioloxía das Migracións Internacionais (ESOMI), o Grupo de Estudos Territoriais (GET) e o Grupo de Investigación en Investigación e Marketing Aplicado (iMARKA). O carácter multidisciplinar do Mestrado está en consonancia cos máis recentes avances no campo da investigación de mercados, que demandan profesionais cualificados na análise de medios audiovisuais e no tratamento de grandes cantidades de datos, así como novos enfoques científicos no estudo dos mercados e do comportamento do consumidor. Neste sentido, cabe destacar a participación de persoal investigador altamente cualificado no campo das neurociencias (Neurociencia e Control Motor, NEUROcom), do tratamento de datos (Laboratorio de Bases de Datos, LBD) e na análise audiovisual (Cultura e Comunicación Interactiva).

En resumen, a experiencia investigadora do persoal do Mestrado é amplia, solvente e recoñecida. Casi o 97% do profesorado ten o grao de doutor e a práctica totalidade dos docentes pertencen a grupos de investigación de relevancia nacional e internacional, recollidos todos eles no Catálogo de Grupos de Investigación da Universidade da Coruña.

DESTINATARIOS E PERFIL DE INGRESO RECOMENDADO

O único requisito indispensable para acceder ao mestrado é ter cursado 6 ECTS de Estatística ou Estatística aplicada ás CCSS. Existen algunhas competencias que se consideran especialmente adecuadas para cursar estes estudos, como son as adquiridas, en concreto, por unha serie de titulacións que consideramos cercanas ao mestrado proposto:

  1. As persoas graduadas e licenciadas en Socioloxía.
  2. As persoas graduadas en Administración e Dirección de Empresas, en Ciencias Empresariais, en Economía, en Márketing e Investigación de Mercados, en Ciencias Políticas, en Relacións Laborais e Recursos Humanos, en Xestión de Pequenas e Medianas Empresas, en Xornalismo, en Turismo, en Comercio, en Publicidade e Relacións Públicas, o doble Grao en Ciencias Empresariais e Turismo, o doble grao en Dereito e Administración e Dirección de Empresas, o doble grao en Informática e Administración e Dirección de Empresas; as persoas licenciadas e/ou diplomadas en  Administración e Dirección de Empresas, en Ciencias Económicas e Empresariais, en Economía, en Investigación e Técnicas de Mercado, en Publicidade e Relacións Públicas, en Antropoloxía, en Ciencias Políticas e, en xeral, cualquera grao, licenciatura ou diplomatura da rama xurídico-social.
  3. Todos aqueles graos, mestrados ou outras titulacións universitarias oficiais superiores nas que o alumnado  cursara polo menos 6 ECTS de Estatística.

En función da súa titulación de orixe, a Comisión de Selección do SAISM establecerá cales das asignaturas teóricas de carácter optativo que compoñen o Módulo 1 deberá cursar o/a estudante. No caso de estudantado que cumpla os criterios contemplados no punto 3 anterior, a Comisión de Selección poderá indicarlles a necesidade de cursar as materias Fundamentos Teóricos 1 e Fundamentos Teóricos 2. A organización temporal da docencia contempla esta posibilidade e distribúese a ensinanza no primeiro mes de clase de modo que no exista solapamento de horarios.

SISTEMA DE ADMISIÓN E CRITERIOS DE VALORACIÓN DE MÉRITOS

Tralo periodo de preinscrición, se o número de solicitudes que cumplen cos requisitos de admisión superan o máximo de prazas ofertadas, a Comisión de Selección do mestrado activará un proceso de selección tendo en conta os seguintes méritos, debidamente xustificados:

  1. Titulación: terán preferencia as solicitudes de admisión correspondentes ás persoas egresadas nos títulos que figuran no punto 1 do epígrafe Destinatarios e Perfil de ingreso recomendado; en segundo lugar, as persoas egresadas nos títulos que figuran no punto 2 do dito epígrafe; en terceiro lugar, as egresadas nos títulos que figuran no punto 3.
  2. Expediente académico.
  3. Experiencia profesional, docente ou investigadora en actividades propias do ámbito do Mestrado.
  4. Formación complementaria