Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS)

logo mops12016/2017 · 120 créditos

A proposta de creación do Mestrado en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) xurde como alternativa ó Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural (MOMI), que está en extinción despois de sete cursos académicos de andadura.

A conformación do novo Título, máis orientado cara políticas sociais, a exclusión social e a intervención social e comunitaria nace da necesidadedas emerxentes demandas de cualificación profesional, pero tamén de actualización de coñecementos por parte do ámbito académico-científico, que permitan a actuación antes as problemáticas sociais emerxentes na actualidade.

O Mestrado está enfocado cara o amplo colectivo de egresados/as principalmente dos ámbitos da Socioloxía, a Ciencia Política, a Economía, a Educación Social e o Traballo Social, ao tempo que tamén resulta de interese para titulados/as de outras disciplinas, principalmente do ámbito das Ciencias Sociais e Xurídicas.

O Mestrado ten unha duración de dous cursos académicos. No primeiro curso ofrécese unha formación especializada en políticas sociais, procesos de exclusión e intervención sociocomunitaria con materias de contidos teórico-prácticos e metodolóxicos. No segundo curso o estudantado deberá escoller unha especialidade: Migracións, Xénero, ou Envellecemento e transformacións familiares. O proceso formativo culmina ca realización das prácticas e do Traballo Fin de Mestrado (TFM).