Saídas profesionais das persoas tituladas en Socioloxía

 

As persoas tituladas poden traballar en diferentes ámbitos tales como: medio ambiente, turismo, desenvolvemento sostible, saúde, educación, movemento e organizacións sociais, comunais, institucións gremiais, políticas...

 

Xeralmente as funcións máis habituais do/a sociólogo/a son:

Planificación e xestión de servizos.

Realización de estudos socioeconómicos.

Recursos Humanos: deseño de carreiras, plans de formación, etc.

Investigación de Mercados: estudos de demanda, produto, presentación de campañas publicitarias, promocións de ventas, estudos de satisfacción do consumidor, etc.

Deseñar, executar e avaliar proxectos de desenvolvemento social.

Traballar ou implantar políticas de igualdade.

Formación en áreas específicas (seguridade e hixiene, habilidades sociais, etc..).

Asesoramento a diferentes organizacións e institucións na problemática social.

 

Os sectores donde o sociológo/a tende a desenvolver a súa actividade profesional habitualmente son:

Administracións públicas: As persoas tituladas en Socioloxía poden optar ás oposicións do grupo A das diferentes Administracións Públicas (niveis local, autonómico e central). Así mesmo, cada vez máis hai unha persoa con esta titulación en calidade de asesor/a ou experto/a nas áreas de:

Demografía                                

Estatística              

Benestar e servizos sociais

Emprego e formación

Estudos sociais e de opinión

Xestión cultural

Mediación familiar

 

As funcións máis habituais dentro do Sector Público son:

Deseño, implantación e avaliación de políticas e programas públicos.

Deseño de planes estratéxicos de desenvolvemento.

Asesoramento en reformas da Administración Pública.

Estudos sociais de necesidades e deseño de programas de intervención política e social.

Implantación de sistemas de calidade total.

Programas de divulgación e sensibilización.

Xestión de recursos humanos.

Estudos de opinión e electorais.

Avaliación e deseño da imaxe corporativa.

 

Empresas. Xeralmente traballa nos seguintes departamentos:

            Recursos humanos.          

            Marketing.

            Comunicación.

            Publicidade e estudos de mercado.

            Calidade.

            Investigación social e de mercado.

 

Normalmente realiza as seguintes funcións:

Estudos de mercado. e de de calidade.

Estudos socioeconómicos, demográficos e de opinión.

Planificación de servizos..

Xestión de organizacións.

Deseño e avaliación de proxectos.

Xestión de Recursos humanos.

Xestión de subvencións e convenios públicos.

Satisfacción: marketing, comunicación e publicidade.

Ordenación do territorio.

Desenvolvemento local.

Orientación socio laboral.

Analise e valoración de postos.

Relacións institucionais.

Negociación e resolución de conflitos.

Asesoría na creación de empresas.

 

Organismos internacionais. Algúns organismos internacionais, como UE, ONU, HÁBITAT, FNUAP…, demandan sociólogos/as para desenvolver gran variedade de funcións, entre elas: proxectos de desenvolvemento, deseño e realización de sistemas de asistencia, comportamentos sociais, sobre todo en situacións grupais. Desenvolven unha amplia gama de función, como son:

Asumir investigacións e informes.

Asumir o secretariado dos comités e comisións.

Prestar servizos aos órganos de deliberación, ás comisións e aos representantes.

Resumir os debates dos diferentes comités e comisións da organización e recomendar opcións de política xeral.

 

Terceiro sector: Unha das saídas profesionais máis habituais dos titulados/as sitúase neste ámbito, donde poden desenvolver as competencias nas que se formaron. As funcións máis habituais son:

Interno, a coordinación e dirección de ONG's.

Xestión de  avaliación de proxectos e programas.

Servizos aos cidadáns.

Asesoría de ámbitos de traballo: educación, saúde, Desenvolvemento urbano, dereitos humanos e desenvolvemento integral.

Estudos sobre temáticas específicas.