Normalización lingüística

Na Facultade de Socioloxía existe unha Comisión de Normalización Lingüística, que é unha unidade de traballo con representación dos tres sectores da comunidade universitaria, PDI, PAS e estudantado, que ten como finalidade servir de nexo entre o SNL e as distintas Facultades e Escolas para garantir, no seu ámbito de actuación, a implementación das medidas establecidas no Plano de normalización lingüística da UDC.

A Comisión de Normalización Lingüística ten, entre outras, as seguintes funcións:

- Recoller datos que permitan dispormos dunha diagnose actualizada da realidade lingüística dos Centros.

- Propor actuacións e definir obxectivos conducentes a unha maior presenza da lingua galega nos Centros.

- Canalizar os intereses e as preocupacións dos membros da comunidade universitaria sobre calquera aspecto da normalización lingüística: queixas, suxestións...

- Difundir información e recursos que resultaren de interese para a difusión da lingua galega (materiais do SNL, cursos ou xornadas de formación...)

- Fomentar a coordinación con outras comisións para o intercambio inter ou intrauniversitario de experiencias normalizadoras.


Desde a Facultade de Socioloxía, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da UDC e en colaboración con comisións de normalización lingüística doutros centros, propoñense anualmente actuacións que teñen como obxectivo unha maior presenza da lingua galega no Centro: Actividades da Comisión Lingüística do Centro.

 

-Páxina web do Servizo de Normalización Lingüística da UDC

 

- Axudas á investigación en Lingua Galega

 

- Recursos sobre lingua galega na rede