¿Por qué Socioloxía?

 

soc1

Porque é necesaria: O mercado laboral demanda cadros de alta especialización e profesionais capacitados para observar, avaliar e diagnosticar os procesos de desenvolvemento social tanto en Galicia coma noutros territorios.


Porque é exclusiva: É a única existente no noroeste peninsular, o cal posibilita un Plan de estudos pensado para o conxunto do territorio concentrando esforzos e sinerxias no noso centro.


Porque está consolidada: Trátase dunha Facultade xa consolidada e cunha ampla experiencia dentro do sistema universitario e que conta con persoal e recursos estables, infraestruturas axeitadas, etc.


Porque ten un volume axeitado: As características da titulación e do centro fan que se trate dunha facultade perfectamente dimensionada, sen masificacións e cun número axeitado de alumnos, profesores, departamentos, etc o que facilita unha relación óptima entre todos/as.


Porque é complementaria a outras titulacións: A titulación constitúe un complemento perfecto para outras titulacións das Ciencias Sociais acollendo titulados en Educación Social, Traballo Social, Económicas, ADE, Ciencias Políticas, etc.


Porque recibe moitos estudantes internacionais: O número de ERASMUS que elixen o noso centro para realizar os seus estudos ven aumentando nos últimos anos, converténdose nun dos principais destinos dentro do sistema universitario galego