• falagalego
  • Bonecas lisboetas
  • manifest
  • adormideras
  • Exvotos
  • Olot en fiestas

Benvidas/os á Facultade de Socioloxía

 
Aos sociólogos e sociólogas gústalles saber o que realmente acontece, o que hai tralas aparencias, por iso estudan case cada aspecto da vida social. Nada é demasiado sagrado nin demasiado profano para evitar o escrutinio de quen exerce a socioloxía. Se rachas esa superficie das aparencias, se ves o que hai detrás das máscaras que os individuos e as organizacións levan postas, atoparás en moitas ocasións que a realidade que se expón ao público non é a que semella.
 
Este troco de ollada é, porén, perigoso. Unha vez contemplada a vida dende esta nova perspectiva é case imposible voltar á ollada compracente e satisfeita que se tiña antes. O vello, familiar e cómodo xeito de ver as cousas desaparece. Isto, por suposto, é parte do que fai interesante á socioloxía.
James H. Henslin sobre Invitation to Sociology, de Peter Berger 

No ámbito da cidade da Coruña, balcón do Atlántico, enclave histórico de intercambios comerciais e culturais, a Facultade de Socioloxía ofrece unha formación personalizada, de calidade, un centro moderno cun alto nivel tecnolóxico, un ambiente de traballo próximo e agradable, para o coñecemento da sociedade.

Dámoslle a benvida a todos e todas, ávidos de curiosidade, por coñecer mellor o mundo que nos rodea.